DeportesÚltima hora

A XIX Volta a Valdeorras sairá mañá ás 9 horas da praza do Concello do Barco

Esta edición da ronda cicloturista contará coa presenza do ex ciclista profesional Santo Blanco
Participantes na pasada Volta a Valdeorras saíndo da praza do Concello do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

O ex ciclista profesional Santi Blanco será pois un dos ciclistas que mañá domingo 25 de xuño ás 9 horas se sitúe na praza do Concello do Barco, de onde sairá a XIX Volta a Valdeorras, un percorrido de 109,5 quilómetros que levará aos participantes ata Quiroga, o Alto da Moá (porto de 1ª categoría) e Trives, para rematar diante do pavillón de Calabagueiros de novo no Barco. Alí poderán ducharse e participar nunha pinchada para corredores e acompañantes (previa inscrición) prevista para as 14:30h.

A retirada de dorsais deberá facerse hoxe de 16 a 21 horas ou o domingo día da proba dende as 7 ata as 8:30 horas. En ambos casos no pavillón de Calabagueiros. Como en cada edición, a Volta estará estruturada en dúas partes: un tramo neutralizado duns 37,8 quilómetros dende O Barco a San Clodio (Ribas de Sil), antes de comezar o ascenso ata o Alto de A Moá onde comezará o tramo libre duns 71,7 quilómetros no que os participantes pasarán por San Xoán de Río, o Alto da Cerdeia, A Pobra de Trives, o Alto da Ermida e A Rúa antes de regresar de novo ao Barco, discorrendo asemade polas localidades da Proba, Vilamartín de Valdeorras, Freixido, Quiroga e Larouco.

Ao longo do percorrido haberá tres avituallamentos: un de sólido e líquido no Alto da Moá ao rematar a primeira crono (Km 46,3); outro de sólido e líquido no Alto da Ermida (Larouco, Km 80); e un terceiro, de líquido, duchas e comida ao rematar a proba.

Máis información na edición de xuño de O Sil Deporivo.

Artigos relacionados

Back to top button