ConcellosÚltima hora

As xoias do motor daranse cita en Larouco

A 1ª concentración de coches clásicos celebrarase o 12 de marzo
Clásicos nunha concentración celebrada na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

O concello de Larouco acollerá o vindeiro domingo 12 de marzo, a 1ª concentración de clásicos organizada pola peña Laroucautos.

A xornada comezará en torno ás 9:30h. cun almorzo polos bares de Larouco e ás 10:30h. arrancará unha ruta turística en dúas tandadas. A primeira irá de Larouco a Manzaneda e Trives onde haberá unha pinchada; a segunda partirá de Trives rumbo a Montefurado, A Enciñeira e de novo Larouco onde terá lugar o xantar a base de cocido.

A inscrición custa 15 euros e o prazo remata o 27 de febreiro, podendo anotarse chamando a dous números de teléfono:
698 171 555 (Hugo) e 697 630 172 (Sergio).

Tanto a concentración como o xantar celebraranse no entorno do pavillón deportivo da localidade.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

 

Cartel da concentración.

Artigos relacionados

Back to top button