EconomíaEconomíaOurenseÚltima hora

Xoiería Estévez cumpre 56 anos en Ourense

A empresa familiar forma parte do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia
Pezas elaboradas por esta xoiería ourensá. /Foto: cedida polo Colexio Oficail de Xoiaría de Galicia.
Pezas elaboradas por esta xoiería ourensá. /Foto: cedida polo Colexio Oficail de Xoiaría de Galicia.

Moi poucas son as empresas familiares que conseguen manter a súa esencia máis de medio século, algo que si lograron en Xoiería Estévez actualmente ubicada na rúa Bedoya de Ourense, que este ano cumpre 56 anos formando xa parte da historia da cidade das Burgas.

Actualmente o negocio forma parte do Colexio Oficial da Xoiaría de Galicia “que asegura a ética profesional e os intereses dos colexiados e tamén a protección dos consumidores a través da información e divulgación do sector” explican dende o gabinete de comunicación.

O fundador da xoiería ourensá, Nicolás Estévez, comezou a súa andaina nun obradoiro de xoias no ano 1958, creando pezas deseñadas por el mesmo, “empregando principalmente platino, un metal moi prezado daquela, ademais de ouro, prata e pedras preciosas” explican dende prensa COXGA. Case seis décadas despois o negocio mantense vivo da man do seu fillo tamén Nicolás que collía as rendas en 2007 trala xubilación do proxenitor.

Tal como explican dende o colexio de xoiaría “a clave do negocio familiar continúa sendo a esixencia do traballo feito, a exclusividade, o bo prezo e a honestidade”. Así como “produtos de calidade feitos en Ourense, empregando principalmente ouro, prata, pedras naturais e sintéticas”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button