DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Xornada agridoce para a base do C.D. Barco no Campiño de Viloira

Os cadetes vencían 8-3 ao Peroxa e o infantís caían 3-7 ante o Pabellón Promesas

Unha vitoria e unha derrota. Son os resultados que colleitaba a base do C.D. Barco na tarde do 21 de outubro no Campiño de Viloira. Os primeiros en xogar eran os rapaces de Gunty que protagonizaban un partido doado e bonito ante os cadetes do Peroxa C.F. O gol temperán de Antonio (2′) daría inicio a unha chuvia de tantos por parte do equipo local. Ata 8 marcaban fronte aos 3 dos visitantes. Ao final tres puntos máis para os barquenses que lideran a clasificación.

A parte negativa chegaba no seguinte encontro da categoría infantil. O Barco enfrontábase a un Pabellón Promesas de gran nivel co que tiveron poucas opcións. Eran os ourensáns os que se adiantaban no marcador cun gol moi temperán ao que seguía o segundo. Os rapaces de Paco Paradelo lograban acurtar distancias cun gol no minuto 14, pero os rivais seguían atacando e sumando un gol tras outro ata 7. No minuto 79 os barquenses conseguían sumar dous goles máis pero quedaron sen tempo. Ao final 3-7.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button