ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Xornada dominical a ritmo de pedal polas rúas de Trives

Unhas 150 persoas participaron na XXVII edición do Día da Bici

O Concello das Pobra de Trives continúa coa súa programación estival. Nesta ocasión os beneficiarios foron os afeccionados á bicicleta, grandes e pequenos, que desfrutaban dunha xornada dominical a golpe de pedal polas rúa da vila, coa celebración do XXVII Día da Bici.

Arredor de 150 persoas se xuntaban na mañá do 6 de agosto baixo o arco de meta divididos en dous percorridos distintos: un de 800 metros aproximadamente para os cativos ata os 8 anos, e de arredor de 4 quilómetros para os máis grandes.

Un ano máis sorteáronse dúas bicis entre os participantes que foron para Iago Domínguez Castro e Iago Arturo Barrientos.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button