A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) desenvolverán neste mes de setembro un proxecto conxunto de carácter formativo para o fomento do cooperativismo e a economía social. Será unha acción de carácter gratuíto e dirixida a emprendedores, desempregados, asesorías e membros de entidades e economía social.
Esta xornada informativa está programada para o día 21 de setembro e comezará ás 10h. no centro de formación de AEVA no Barco. Alí abordaranse cuestións como as diferenzas entre as posibles fórmulas xurídicas da economía social e fóra dela, tamén se fará unha dinámica de simulación da creación dunha entidade de economía social e a partires das dúas presentaranse as conclusións dos diferentes grupos. Logo farase unha visita á adega cooperativa Xesús Nazareno do Barco.
Durante a tarde haberá unha nova saída, en concreto, coñeceranse as instalacións de Mel “Montañas de Trevinca” no concello da Veiga. As persoas interesadas en asistir a esta xornada poden inscribirse na oficina de AEVA, chamando ao teléfono 988 32 11 50 ou no correo electrónico aeva@empresariosdevaldeorras.com .