EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada informativa “Emprendendo dende a rede”, en Manzaneda

Terá lugar na tarde do vindeiro 13 de decembro no salón de actos deste Concello
As redes ofrecen oportunidades para os emprendedores e sobre elas farase nunca cornada en Manzaneda.
As redes ofrecen oportunidades para os emprendedores e sobre elas farase nunca cornada en Manzaneda.

As diversas posibilidades e recursos que existen para aquelas persoas interesadas en poñer en marcha un proxecto empresarial serán analizadas nunha interesante xornada que se celebrará o vindeiro 13 de decembro en Manzaneda. Este obradoiro está promovido dende o Concello en colaboración coa Rede Galega de Dinamización Xuvenil. Leva por título “Emprendendo dende a rede” e está programado para ás 19h. no salón de actos da Casa Consistorial de Manzaneda.

Esta xornada centrarase no abano de recursos que ofrecen as redes para promocionar, financiar e dar a coñecer novos proxectos. Neste senso inclúe as seguintes áreas temáticas: emprendemento dende os blogs, presentacións de diversos blogs, as claves dum blog, decálogo dun blogger, o sistema de financiamento de “Crowdfunding”, cómo vender o teu proxecto, páxinas temáticas e packs e mecenas.

As persoas interesadas en asistir poderán realizar ás súas inscricións no Concello de Manzaneda ou ben chamando ao teléfono 988 333043. Este obradoiro dirixido a todos os públicos, pero centrado especialmente nas persoas menores de 30 anos.

Artigos relacionados

Back to top button