EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Xornada sobre viticultura de precisión en Monforte

Será organizada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia e terá lugar o 14 de outubro
Imaxe de viñedos en bancais./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe de viñedos en bancais./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Na procura do equilibrio entre solo, clima e planta. Viticultura de precisión” é o título dunha xornada profesional que se desenvolverá o 15 de outubro en Monforte de Lemos. A iniciativa, promovida dende a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), está dirixida especialmente a viticultores, adegueiros, enólogos, persoal técnico das adegas e dos consellos reguladores, persoal investigador interesado no tema e estudantes.

No programa desta xornada, que se celebrará no centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte, abordaranse aspectos como as tendencias tecnolóxicas aplicables ao cultivo do viñedo, as vantaxes do seu uso e a súa utilidade na toma de decisións máis axeitada cara a obtención dun produto diferenciado.

Contará coa participación de expertos do Instituto Tecnolóxico Agrario de Castela e León, a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia, a empresa Monet Viticultura e a Universidade de Vigo. O programa pecharase cunha mesa redonda onde as adegas galegas Martín Códax, Viña Costeira e Vía Romana relatarán as súas experiencias.

Esta acción conta coa colaboración do Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeira Sacra e do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL).

Artigos relacionados

Back to top button