EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornadas de prevención de riscos laborais na construción

Estas sesións técnicas tiñan lugar na tarde do 17 de setembro no Barco e continuarán o día 18 en Verín
Os relatores, nas xornadas celebradas no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Os relatores, nas xornadas celebradas no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

A “Organización da actividade preventiva nas empresas do sector, as obrigas dos coordinadores, as reponsabilidades dos suxeitos intervintes na xestión da prevención no sector e as responsabilidades administrativa, penal e civil”. Esta era a temática en torno á que xiraban as IX Xornadas Técnicas de Prevención de Riscos Laborais, que se desenvolvían na tarde do 17 de setembro na Casa Grande de Viloira, no concello do Barco.

O programa iniciábase cunha ponencia a cargo de Héctor González Nóvoa, xefe do Equipo Técnico de Seguridade e Hixiene do ISSGA en Ourense, quen abordou dous temas: “A prevención de riscos na construción nesta época de transición” e “Riscos e accidentes no sector. Especial incidencia nas obras de rehabilitación e reforma”. De seguido, interviña, Rocío de Frutos Madrazo, da Inspección de Traballo de Ourense, que falou sobre “A reforma laboral e a súa incidencia no sector da construción” e “Obrigas preventivas básicas e a súa aplicación por Inspección de Traballo”.

Estas mesmas xornadas técnicas, que xa se celebraron na cidade de Ourense, terán tamén lugar o día 18 en Verín ás oito da tarde na sede de AEVER. Estas sesións son organizadas pola Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense en colaboración coa Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar.

Asistentes a estas sesións sobre prevención de riscos laborais na construción na Casa Grande./ Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes a estas sesións sobre prevención de riscos laborais na construción na Casa Grande./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button