ConcellosÚltima hora

Xornadas para dar a coñecer o cooperativismo en Verín, o día 27

A Praza García Barbón acollerá entre as 17 e as 20 horas unha programación de actividades culturais para promover o modelo empresarial
Cartel do programa.
Cartel do programa.

A Praza García Barbón de Verín acollerá o vindeiro luns 27 o programa Cooperativismo en movemento. Trátase dunha iniciativa promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industrias que buscará dar a coñecer na vila as vantaxes deste modelo empresarial.

Para iso, o departamento autonómico, en colaboración co Consello Galego de Cooperativas e o Concello de Verín, deseñou unha serie de actividades culturais que se desenvolverán entre as 17 e as 20 horas e que incluirán representacións músico-teatrais, xogos e unha exposición.

Artigos relacionados

Back to top button