EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornadas sobre experiencias turísticas en Ourense

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo amosaba as posibilidades da comercialización online do turismo de natureza na provincia a través de www.spain.info
Asistentes á xornada  celebrada no Centro Cultural da Deputación./ Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes á xornada celebrada no Centro Cultural da Deputación./ Foto: Carlos G. Hervella.

Axudar aos empresarios turísticos da provincia de Ourense a impulsar a creación de experiencias turísticas de natureza para a súa comercialización a través do portal oficial de turismo de España www.spain.info. Este era o obxectivo da xornada que se desenvolvía na mañá do 23 de setembro no Centro Cultural da Deputación de Ourense.

No seu decurso dábanse a coñecer as condicións e requisitos para poder incluír o produto ou servizo en www.spain.info. E ademais expoñíanse casos de éxito e exemplos de experiencias turísticas innovadoras e singulares.

A xornada foi inaugurada polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar Blanco, quen sinalaba que esta iniciativa “contribuirá a potenciar o turismo na provincia de Ourense”, e resaltaba a importancia de apostar “polo termalismo e por actividades que favorezan a desestacionalización da oferta turística”, citando como exemplo a estación de montaña de Cabeza de Manzaneda. Neste encontro contouse tamén coa presenza do xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez.

Acto inaugural destas xornadas.
Acto inaugural destas xornadas.

A xornada foi immpartida polas representantes de Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (SEGITTUR), Eva Benito e Patricia Zapardiel, xerente comercial e directora de proxectos desta sociedade, respectivamente.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button