Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Xosé Cid trae a súa “Materia Infinita” á Sala Valente de Ourense

A mostra está composta por 14 pezas que fan un percorrido pola traxectoria máis contemporánea do escultor ourensán

O escultor ourensán Xosé Cid trae a Ourense unha exposición titulada “Materia Infinita” composta por unha serie de 14 pezas escultóricas feitas en mármore, bronce e madeira que “pretende facer un percorrido pola súa traxectoria artística”, dixo o comisario da exposición e fillo do autor, Rosendo Cid na inauguración celebrada o 23 de novembro.

A mostra vai estar exposta na Sala Valente (Antigo Banco de España) en Ourense. O propio Xosé Cid dixo neste acto inaugural que “é unha honra poder estar de novo en Ourense” e explicou que aos seus 70 anos “aínda estou aprendendo”. No acto estiveron presentes diferentes personalidades da administración como o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que aseverou que Cid “é un claro expoñente da escultura galega”. Tamén o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, estivo no acto, así como o vicepresidente da Deptuación, Rosendo Fernández, e a delegada territorial da Consellería de Cultura, Luz Fernández.

A mostra estará aberta ao público até o mes de febreiro.

Fotos: Carlos Asensio. 

Artigos relacionados

Back to top button