ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Xosé Luis Campo, homenaxeado no seu pobo, Parada de Sil

Este acto enmárcase na celebración do Día das Letras Galegas neste concello ourensán

A data das Letras Galegas serve tamén cada ano en Parada de Sil para lembrar e poñer en valor a persoas deste municipio cunha traxectoria destacada. Desta volta o homenaxeado era José Luís Campo Rodicio, que na actualidade é representante de Bemposta en Colombia. En maio do 2014 foi recoñecido pola Marca España en Madrid como un dos cen españois no estranxeiro que máis contribúen á consolidación deste selo.

O acto desenvolvíase na casa consistorial de Parada o 16 de maio ás once da mañá e contaba coa presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, entre outras autoridades. Ademais enmarcábase “nunha homenaxe xeral á emigración como mantedora e difusora do idioma”, segundo o Concello.

O alcalde de Parada, Francisco Magide, agradecía ao comezo das intervencións a gran asistencia de público, ao tempo que resaltaba a personalidade e o labor levado a cabo por Xosé Luis Campo Rodicio, “Pequeno”, como é coñecido dende os tempos da sua infancia- Da laudatio ocupábase, como xa é tradicional, Antonio Carreño, catedrático emérito de Brown e ecritor, orixinario de Parada do Sil. Na sua documentada e erudita información, recordaba a obra do cura irlandés Edward Flanagan, que a principios do século pasado fundou unha organización asistencial chamada “Ciudad de los Muchachos” na cidade estadounidense de Omaha (Nebraska), adicada á atención a nenos e xóvenes delincuentes, que seguramente serviu de inspiración para o Padre Silva, fundador de Benposta, con quen empezou e desenrolou prácticamente toda a sua vida Xosé Luis Campo Rodicio.

Pola súa banda, Campo Rodicio lembraba ao padre Silva no inicio das súas palabras, sostendo que a sociedade débelle un homenaxe “non tanto á sua persoa, senon á idea”. Defendía tamén o uso do galego, unha lingua que fala dende a infancia, e as súas raíces en Parada de Sil, ao tempo que facía un agradecemento xeneralizado polo homenaxe que recibía. Ademais explicaba as liñas xerais da realidade do país no que vive e traballa, así como o papel que xoga a institución que dirixe na recuperación e formación de nenos que foron víctimas da guerra civil larvada que leva vivindo o país nas últimas décadas.

Tamén no decurso desta celebración se entragan os premios co concurso de Microrrelatos Parada de Sil-Ribeira Sacra, que este ano recían en tres mulleres: a asturiana Yose Álvarez, con “Casa Nueva”; a vianesa Manuela Vicente , con “Duascentas líneas”, que quedou en segundo lugar. Ademais a andaluza Lola Márquez, con “Festín de Cuervos”, lograba unha mención especial do xurado pola calidade do seu traballo. Este certame é posible grazas ao mecenazgo dde Eugenio Prieto, natural de Parada de Sil e xa homenaxeado na Festa das Letras de 2012.

Artigos relacionados

Back to top button