ConcellosÚltima hora

A Xunta considera que a conciliación no rural é moito máis doado grazas ás casas niño

A secretaria xeral de Familia, Amparo González, durante á súa visita. 

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou hoxe, 26 de abril, a casa niño “Os Paxariños”, situada en Castrelo de Miño, unha das 30 que están operativas en Galicia. Estes equipamentos son un servizo gratuíto que consiste no coidado personalizado de ata un máximo de cinco menores de 0 a 3 anos no propio domicilio dun coidador acreditado profesionalmente e “constitúen un recurso de conciliación básico para as familias que residen en contornos rurais”, din dende a Xunta.

Durante a visita, Amparo González fixo fincapé na boa acollida que están a ter as casas xa que “ademais de atender ás necesidades de conciliación dos pais e nais que viven en concellos de menos de 5.000 habitantes impulsan o autoemprego e axudan á fixación de poboación no territorio”, dixo. Neste sentido, salientou que o Goberno galego “seguirá a impulsar a posta en marcha doutros 30 equipamentos como este de Castrelo de Miño mediante o seu financiamento con cargo aos orzamentos de 2017”.

O exercicio pasado, a Xunta de Galicia destinou un total de 2,5 millóns de euros para financiar a creación das casas niño, liña de axudas que se esgotou na súa totalidade. As persoas que se beneficiaron desta primeira convocatoria recibiron unha achega económica dirixida a sufragar o custo da reforma e adaptación da vivenda, así como o equipamento, a dotación material e a atención profesional prestada.

 

Artigos relacionados

Back to top button