EconomíaEconomíaÚltima hora

Xunta e FEGAMP acordan clarificar os criterios de investimento nas infraestruturas hidráulicas

Asemade, na xuntanza entre a conselleira de Medio Ambiente e o presidente da FEGAMP, falaron de calidade ambiental e a nova Lei do Solo de Galicia
Beatriz Mato e Alfredo García. 

A Consellería de Medio Ambiente e FEGAMP acordan clarificar os criterios de investimento e a participación das administracións na execución de infraestruturas hidráulicas. Este foi un dos acordos aos que chegaron a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, durante unha xuntanza celebrada esta mañá en Santiago.

Este reto é acorde ao contido do protocolo para o desenvolvemento do Pacto Local para a xestión do ciclo urbano da auga, así como clarificar o réxime tarifario en función do custe do servizo, como se vai cumprir a Directiva Marco das Augas, que esixe este recurso chegue á cidadanía cuns estándares de calidade, así como o reparto de competencias para cada administración sobre a explotación destas infraestruturas.

A conselleira sinalou que se trata de dar un pulo máis aló dos traballos técnicos, senón que debe contarse cunha vontade política. Ambos os dous coincidiron que é unha tarefa de envergadura que pasa pola realización dun traballo laborioso dado que implica analizar as redes hidráulicas da totalidade dos concellos galegos.

No encontro tamén abordaron a necesidade de que os concellos próximos aproveiten as sinerxías dos servizos, como son os puntos limpos. Así, ambos mandatarios coincidiron na oportunidade que ofrece impulsar infraestruturas que dean servizos a varios municipios e evitar os localismos. Neste senso, a conselleira indicou que para aqueles novos puntos limpos que se constrúan no futuro, terase en conta a valoración da Fegamp para determinar a súa localización.

Outros dos temas que se trataron nesa xuntanza foi a calidade ambiental, e invitou “da man da Fegamp” a sumarse ao Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía. Asemade tamén falaron da realización dunhas xornadas informativas cos Concellos sobre a nova Lei do Solo de Galicia.

En materia de urbanismo tamén destacou o papel da APLU, que na actualidade apoia e colabora con 64 concellos en materia de disciplina urbanística e animou á Fegamp a invitar aos concellos a adherirse a esta entidade, delegando a competencia municipal nos ámbitos rústicos. Esta adhesión ten unha dobre finalidade: protexer o urbanismo e coidar a paisaxe, indicou Mato. Nese senso, comprometeuse a avaliar a posibilidade de que a adhesión a APLU de cobertura á esixencia que establece a Lei do solo de rematar as fachadas, como medidas de protección da paisaxe e que na actualidade, esa potestade é competencia dos concellos.

Artigos relacionados

Back to top button