DeportesÚltima hora

A Xunta investiu 14.408 euros na reparación do Pavillón de Cortegada

A secretaria xeral para o deporte, Marta Míguez, visitou hoxe as instalacións para comprobar como foron eses traballos
Visita de Marta Míguez ao pavillón de Cortegada.

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, visitou na mañá de hoxe, 12 de decembro, o Concello de Cortegada para comprobar o estado do pavillón de deportes municipal tras as obras levadas a cabo e financiadas pola Xunta.

Segundo o convenio asinado o pasado 26 de abril, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte investiu 14.408,68 euros para realizar as obras de reparación na instalación deportiva ourensá. A secretaria xeral subliñou a importancia da coordinación entre todas as administracións e entidades na mellora do deporte de Galicia. “Se todas as institucións poñemos traballo da nosa parte poderemos renovar o mapa de infraestruturas deportivas de Galicia tendo en conta as necesidades dos usuarios”, engadiu.

A Secretaría Xeral para o Deporte informou que destinará no próximo 2018 unha contía de 2.983.043 euros para a construción e a mellora das infraestruturas deportivas de Galicia. Deste total, 1.883.043 euros destínanse no capítulo 6 para o investimento en obra propia, que presenta un aumento do 78% con respecto ao montante destinado en 2017. En términos xerais, a partida para as infraestruturas deportivas aumenta un 23% con respecto ao destinado en 2017 (2.425.570 euros).

Convenio coa Deputación de Ourense

Ademais na súa visita Marta Míguez lembrou que o Concello de Cortegada vese beneficiado polo convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia, e a Deputación de Ourense para levar a cabo as obras en instalacións e espazos deportivos en distintos concellos da provincia de Ourense cun investimento de máis dun millón de euros (1.027.658,57 euros).

Ao abeiro deste convenio levarase a cabo a construción dun novo campo de fútbol que contará cun investimento duns 250.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button