En portadaÚltima hora

XVIII Convivencia de Educación Infantil en Vilariño

Baixo o título “Cholo e Nela nas cores do arco da vella” a xornada celebrarase mañá xoves 28 de maio
Cholo e Nela cos nenos na anterior edición da convivencia. /Foto: Carlos G. Hervella.
Cholo e Nela cos nenos na anterior edición da convivencia. /Foto: Carlos G. Hervella.

O pobo de Vilariño de Conso foi o elixido este ano para celebrar a XVIII edición da convivencia de Educación Infantil que nesta ocasión leva por título “Cholo e Nela nas cores do arco da vella”.

A cita será mañá xoves 28 de maio no entorno da área recreativa e xirará en torno á pintura (historia, pintores, cadros, paleta cromática,…) e a animación sobre a que traballarán (xa non se levan a cabo os clásicos contacontos) será un mural conxunto no que participen tódolos cativos.

Coma sempre, a xornada que comezará en torno ás 11h. e non rematará ata despois de xantar, estará marcada polas rotacións de xogos, obradoiros, inchables e a exhibición de medios sanitarios e de seguridade (coches de bombeiros, da Garda Civil, ambulancia, Protección Civil…).

Na convivencia daranse cita en torno aos 600 cativos de entre 3 e 6 anos dos centros de Educación Infantil e Primaria de todo o oriente ourensán.

Artigos relacionados

Back to top button