EconomíaEconomíaÚltima hora

XX Feira da Rosca de Sober, o 11 e 12 de agosto

O día grande repartiranse 2.000 racións de rosca con queixo nunha degustación gratuíta
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, con dous dos rosqueiros que participarán na feira.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, con dous dos rosqueiros que participarán na feira.

Os vindeiros días 11 e 12 de agosto celebrarase a XX Feira da Rosca de Sober, na que participarán 4 rosqueiros e rosqueiras da localidade e instalaranse 14 postos a maiores, de artesanía e gastronomía. En concreto, dous oleiros, un posto de mel, tres panaderías, catro artesáns, tres queixerías e un posto de castañas do Caurel.

Tal como adiantan dende o Concello de Sober, organizador do evento (en colaboración con Queserías Prado, Artesanía de Galicia, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia), o programa arrancará o martes 11 de agosto ás 21 horas coa apertura dos stands, situados na Praza do Concello. Ás 22 horas actuará Cé Orquestra Pantasma, e de seguido haberá unha degustación gratuíta de rosca con licor café.

Presentación da primeira edición da Feira da Rosca de Sober en 1995.
Presentación da primeira edición da Feira da Rosca de Sober en 1995.

A feira seguirá o día grande, o mércores 12 de agosto a partires das 10 horas co disparo de 20 bombas de palenque e ás 10:15 horas o recinto feiral abrirá as portas coa actuación do grupo de música tradicional Érvedo. Ás 12 horas actuará o grupo de baile e música tradicional Pesdelán, e xa a partires das 13 horas farase a degustación de balde de 2.000 racións de rosca con queixo, cunha nova actuación do grupo Érvedo.

Na presentación da feira, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, fixo extensivo o convite a veciños, xente da Comarca, así como visitantes, a participar “nun dos eventos con maior tradición da Ribeira Sacra a través do que podemos enxalzar os produtos da zona e a nosa rosca mantendo vivo o traballo de tantos e tantos rosqueiros e rosqueiras que xa non están, pero que saben que o seu legado nunca vai desaparecer”.

Artigos relacionados

Back to top button