CulturaEducaciónÚltima hora

XX Semana da Natureza no Barco

Entre as novidades deste ano destaca o I congreso de educación ambiental nos centros de ensino previsto para o 5 de maio
O alcalde do Barco, Alfredo García e o concelleiro e Educación e Medio Ambiente, Aurentino Alonso na presentación da Semana da Natureza. /Foto: Mónica G. Bellver.
O alcalde do Barco, Alfredo García e o concelleiro e Educación e Medio Ambiente, Aurentino Alonso na presentación da Semana da Natureza. /Foto: Mónica G. Bellver.

O debuxo de Milagros Morena Aller Pfirter (1º da ESO do colexio Divina Pastora), ilustra o cartaz da XX Semana da Natureza do Barco de Valdeorras que se desenvolve entre os meses de marzo e xuño, cun programa que na mañá do 26 de marzo era presentado polo concelleiro de Educación e Medio Ambiente do Barco, Aurentino Alonso.

O cambio climático é o tema sobre o que xira o programa deste ano que inclúe actividades novidosas e outras de continuidade que arrancaba xa a comezos de marzo coa proxección de dous filmes relacionados co tema.

Xa para o vindeiro mes, martes 28 e o mércores 29 de abril están previstas as funcións de monicreques a cargo do grupo barquense Ris, Ras, Plas, no Teatro Lauro Olmo, ademais de poñerse en marcha os concursos de redacción, debuxo, fotografía e video.

Como novidade, este ano ademais celebrarase o 5 de maio, o I congreso de educacación ambiental dos centros de ensino do Barco co cambio climático visto dende a escola como eixe. “Tratase de que os alumnos elaboren proxectos realistas e executables no Barco ou nos arredores, para reducir as emisións de CO2 e a pegada que deixamos cando derrochamos ou consumimos de forma descontrolada” explica o concelleiro de Medio Ambiente. O propio Aurentino explica que os proxectos serán presentados durante o congreso e un xurado elixirá os mellores, con premios para os tres primeiros (500, 300 e 200 euros respectivamente).

O programa inclúe asemade a exposición “Cambio climático, o noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” que permanecerá aberta ao público do 1 ao 25 de xuño no Teatro Lauro Olmo.

Coma sempre a Semana da Natureza clausurase no mes de xuño co acto de entrega dos premios tanto do congreso coma dos concursos.

Artigos relacionados

Back to top button