EconomíaViticultura

XXV Cata dos viños de Galicia

A entrega de premios, o día 2

O vindeiro 2 de xullo desvelarase o nome dos caldos recoñecidos na XXV Cata dos Viños de Galicia, que se celebraba a mediados de xuño no CIFP Compostela en Lamas de Abade. Nesta edición inscribíronse inicialmente 232 viños pertencentes ás cinco denominacións de orixe vinícolas galegas, entre elas as catro ourensás, Ribeiro, Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra, segundo os datos da Consellería do Medio Rural, promotora do concurso.

Ademais este ano con motivo do 25 aniversario deste certame, a consellería organizaba un “Túnel do viño das Catas de Galicia” o 27 de xuño no Parador dos Reis Católicos en Santiago. Nel puideron catarse ao redor de 200 mostras de viños, entre elas as dos ganadores desta edición do certame.

Texto: O Sil/Redacción

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button