DeportesGalerías de fotosÚltima hora

0-2 no “partido das botas” disputado en Calabagueiros

A SD Ponferradina lévase o amigable disputado na tarde do 7 de novembro no Barco

Como un partido máis de adestramento e ao mesmo tempo unha forma de recadar fondos para o Banco de Botas do Centro de Deportes Barco (o euro que custaba a entrada irá destinado a el), se disputaba o amigable da tarde do 7 de novembro en Calabagueiros.

Dun lado do campo o equipo sénior do C.D. Barco, dende a cuarta posición de terceira división. Do outro, a SD Ponferradina, líder de segunda B. E nas bancadas, entre os afeccionados (malia ser en metade de semana), un veciño do Barco residente en Nova York que non quixo perder a oportunidade de desfrutar co xogo do equipo da súa localidade natal.

Con respecto ao resultado, os bercianos adiantábanse no marcador, chegando ao descanso co 0-1. E xa na segunda metade, sentenciaban co 0-2 final. Como bo anfitrión, tralo partido o C.D. Barco convidou aos xogadores a unha pinchada no propio campo.

O domingo 11 de novembro, día de San Martiño, volve o fútbol a Calabagueiros. Ese día, trala derrota na liga pola mínima en Compostela, o Barco loitará por vencer ante o Arousa, terceiro clasificado a un punto dos barquenses.

Artigos relacionados

Back to top button