DeportesGalerías de fotosÚltima hora

0-3 no primeiro partido da tempada en Viana

O conxunto local perdía ante o Bande na estrea en primeira autonómica, no campo das Carrelas

“Vai ser un partido contra o rival máis duro. A metade do plantel vén do Verín así que será difícil”, aseguraban dende a directiva do C.D. Viana un par de días antes do primeiro partido da tempada en primeira autonómica, categoría na que veñen de estrearse. E non se equivocaban.

Un partido intenso, foi o vivido na tarde do domingo 4 de setembro no campo das Carrelas entre o Viana de Julio Couso e o Bande de Iván González. Un encontro no que o xove porteiro local fixo un destacado papel aínda que non pudo impedir o resultado favorable para os visitantes.

David Soares adiantaba ao Bande co primeiro gol do encontro no minuto 31. Xa na segunda parte, Jaime Fernández no minuto 51 e Marcomes Costa no 72, sentenciaban o encontro co 0-3 definitivo.

Con este resultado, os de Bande sitúanse no alto da clasificación (3º posto), mentres que os de Viana fano na parte baixa (posto 16º).

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button