OurenseÚltima hora

Mil quilos de castañas para o magosto de Ourense

O martes 11 de novembro celebrarase o San Martiño, co acto central na praza Maior
Magosto na praza Maior de Ourense. /Foto: Carlos G. Hervella.
Magosto na praza Maior de Ourense. /Foto: Carlos G. Hervella.

As primeiras nevadas do outono anuncian a chegada dun dos principais festexos na cidade de Ourense, o Magosto, Festa de Interese Turístico que o Concello organiza o martes día 11 (festivo local) na praza Maior.

A xornada comezará en torno ao mediodía cun concerto da Banda Municipal de Ourense na praza de San Martiño. E xa pola tarde, as actividades arrancarán ás 18h. coa venda da consumición composta por bolo preñado, ración de castañas e auga ou viño. En total o Condello preparará uns 1.000 quilos de castañas, 2.000 bolos preñados e 400 litros de viño. Durante a festa, haberá animación para os máis pequenos, e ambientación musical tradicional polas rúas da cidade vella. A maiores deste haberá outros magostos nos barrios da cidade e nos montes do contorno.

Este ano ademais, aos tradicionais magostos únese unha actividade da concellería de Medio Ambiente, na que os cativos participantes aprenderán a aproveitar os recursos do parque de Montealegre para elaborar xoguetes. Así, o domingo 9 de novembro a partires das 11h. os nenos que o desexen poden asistir gratuitamente a esta actividade, na que tomarán un papel activo para aproveitar recursos ambientais como castañas e bellotas e confeccionar os seus adornos.

Artigos relacionados

Back to top button