En portadaÚltima hora

1.125 entradas para a XIX Festa do Botelo, vendidas en menos de hora e media

As restantes venderanse a partir das 10 horas do luns día 14 de xaneiro no terceiro andar do Concello

Lonxe de desaparecer, a “botelomanía” segue máis de actualidade que nunca. E unha mostra é a rapidez coa que un ano máis se vendían as entradas para a XIX edición da Festa do Botelo do Barco que se celebrará o vindeiro sábado, 19 de xaneiro.

Unha semana antes, o día 12, poñíanse á venda as 1.150 entradas dispoñibles para esta ocasión e en menos de unha hora e media vendíanse 1.125. Aínda que o Teatro Lauro Olmo abría as portas horas antes (os máis madrugadores amenizaron a espera vendo o filme Una receta familiar, por xentileza do Cine Club Groucho Marx), a taquilla abríase oficialmente ás nove da mañá, sendo o propio José María Rodríguez (presidente do cine club) e o tenente de alcalde Aurentino Alonso, os encargados da venda.

Tal como se anuncia nun cartel na porta do teatro, as 25 restantes venderanse a partir das 10 horas do luns día 14 de xaneiro no terceiro andar do Concello do Barco de Valdeorras.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button