En portadaÚltima hora

1.730 probas realizadas no cribado do Barco, das que saía só 1 positivo

 

Un total de 2.500 banquenses maiores de 18 anos estaban convocados na tarde deste 4 de xaneiro para participar nun cribado masivo de Covid-19 que se iniciaba ás 15h. no pavillón polideportivo de Calabagueiros. Deles acudían finalmente a facer a proba un total de 1.730 probas, o que supón un 69,2% de participación. Deles tan só había 1 resultado positivo, segundo os datos achegados pola Consellería de Sanidade.

O sistema elixido para esta mostraxe era o test de antíxenos, co que os resultados dos participantes coñecíanse ao momento. Este é o segundo cribado deste tipo que a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras realiza na comarca en 24h, tras o levado a cabo onte no pavillón da Rúa para veciños deste municipio e de Vilamartín.

Estes cribados masivos que se están a suceder na provincia teñen un carácter voluntario e os seus resultados son de axuda no control da epidemia, detectando casos asintomáticos, e aportando información de gran utilidade sobre a tipoloxía dos gromos e as súas vías de transmisión, segundo Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button