OurenseÚltima hora

1 millón de euros para novas instalacións de acollida a peregrinos no Mosteiro de Oseira

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou as obras de rehabilitación do antigo albergue e a creación dun novo máis accesible para recibir aos peregrinos que percorren a Vía da Prata

 

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitaba na mañá deste luns  23 de novembro as actuacións que se están a levar a cabo no Mosteiro de Oseira para rehabilitar o antigo albergue, garantir a accesibilidade e construír novas dependencias para os peregrinos que percorren a ruta da Vía da Prata.

Os traballos enmárcanse no Plan de Albergues 2019-2021, dotado con 7 millóns de euros, co que se busca reforzar de cara ao Xacobeo 2021 a rede pública de albergues, que na actualidade conta con 70 establecementos, e inclúen melloras na planta baixa e primeira planta nas zonas de vestíbulo ou aseos do antigo albergue, xunto coa construción dun novo de 40 prazas nun espazo do mosteiro en desuso que contará ademais con zona común, aseos, baño adaptado para persoas con discapacidade e cociña.

 

Visita do vicepresidente da Xunta ao Mosteiro de Oseira.

 

Trátase, por tanto, “dunhas instalacións accesibles co obxectivo de ofrecer un Camiño para todos, e nas que tamén se implantarán medidas de aforro enerxético. As dúas dependencias destinadas a peregrinos estarán plenamente integradas e conectadas entre si”, explicou Alfonso Rueda destacando que era preciso contar cun albergue “nun lugar tan emblemático e de parada obrigada” para os peregrinos que realizan esta ruta.

O vicepresidente primeiro da Xunta incidiu en que con estas melloras preténdese “dotar de máis albergues e prazas á rede pública para acoller aos peregrinos que teñan previsto facer o Camiño”, aos que lembrou que “contarán con tódalas garantías con rutas seguras” nas que se levan a cabo tódalas medidas hixiénico-sanitarias fronte á covid-19 establecidas polo Instituto para a Calidade Turística (ICTE).

Artigos relacionados

Back to top button