ConcellosÚltima hora

O 10 de novembro hai unha cita en Barbadás cos monólogos de “Linguareteando”

Arrancan as actuacións do segundo concurso de Monólogos de “Linguareteando” o concurso de monólogos en galego que promove o Concello de Barbadás. Para o vindeiro venres, 10 de novembro, os monologuistas participantes neste concurso ofrecerán as súas actuacións ao público asistente á Casa da Cultura Manuel María, na Valenzá.

A partires das 20:00 horas, o humor está garantido cuns cómicos de calidade que competen por ver quen é o mellor monologuista en lingua galega. Hai dúas modalidades neste concurso: a xuvenil ( de 16 a 25 anos) e a de adultos ( de 25 anos en adiante). Os mellores humoristas poderán gañar premios de 300 a 800 euros. A gala final deste concurso vaise celebrar o vindeiro 24 de novembro.

Cartel.

Artigos relacionados

Back to top button