Concellos

A Xunta destina 100.000 euros para mellorar o abastecemento de Corvelle, en Bande

A nova rede terá capacidade para dar servizo a unha poboación de até 240 habitantes
Mato e Armada, na firma do convenio.
Mato e Armada, na firma do convenio.

A Xunta destinará 100.000 euros para mellorar a rede de abastecemento da parroquia de Corvelle, no Concello de Bande. Así o fixa o convenio que asinaron esta mañá o alcalde da vila, José Antonio Armada, e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato. O obxectivo é incrementar o subministro de auga e a capacidade de regulación do lugar. Tras as actuacións, a nova rede terá capacidade para dar servizo a unha poboación de até 240 habitantes.

Segundo indican dende o departamento autonómico, as obras consistirán no aproveitamento de dous novos afloramentos mediante cadansúa captación por avenamento do terreo. Tamén se executará un novo depósito de abastecemento de 75 metros cúbicos, de formigón armado.

Artigos relacionados

Back to top button