ConcellosÚltima hora

100.000 euros para o estudo técnico da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humnaidade

Asínase un convenio entre as Deputacións de Lugo e Ourense e o Valedor do Pobo para a elaboración deste traballo
Un dos momentos da sinatura do acordo.
Un dos momentos da sinatura do acordo.

Na mañá do 18 de xullo os presidentes da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e de Ourense, José Manuel Baltar Blanco, xunto ó Valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez, asinaban un convenio de colaboración mediante o cal os organismos provinciais achegan 100.000 euros, financiados ó 50%, para a realización do estudo técnico que permitirá a elaboración da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

A elaboración deste estudo estará en mans dun equipo multidisciplinar formado por expertos de recoñecido prestixio nas seguintes áreas temáticas: produción agrícola e formas de cultivo, xeografía física, edafoloxía, botánica, patrimonio cultural e produción vitivinícola. O obxecto de estudo axustarase ás determinacións técnicas que establecen as “Directrices Prácticas para a aplicación da Convención do Patrimonio Mundial” e ás que fixe a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. A Xunta de Galicia designará a técnicos especializado para o asesoramento.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button