Publicidade
SanidadeÚltima hora

102 residencias de maiores e vivendas comunitarias da provincia están libres de coronavirus

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco vén de finalizar o cribado, con 7.545 probas diagnósticas. Falta por coñecerse o resultado das 17 últimas residencias visitadas, segundo Sanidade

Persoal da Residencia DomusVi Larouco, días atrás, tras coñecer os resultados negativos dos tests./ Foto cedida.

 

Conclúe o cribado das 126 residencias e vivendas comunitarias existentes na provincia de Ourense, con de 7.545 probas diagnósticas realizadas á totalidade dos seus residentes e traballadores e traballadoras, “seguindo o protocolo establecido pola Consellería de Sanidade, para reducir o impacto desta enfermidade e mellorar a resposta asistencial entre esta poboación, especialmente vulnerable”, segundo informa o Sergas.

En total, en Ourense recolléronse mostras a 4.891 residentes e 2.654 persoas que traballan nelas, para a realización da proba diagnóstica de Covid-19, mediante PCR. Un labor que foi realizado polo persoal dos once equipos de recollida de mostras de Ourense, Verín e Valdeorras, “que traballaron en xornadas de mañá e tarde, todos os días da semana, para percorrer as residencias e vivendas comunitarias, públicas e privadas, da provincia e conseguir rematar, o maior cribado que se realiza na nosa Comunidade, en menos de vinte días”, destaca Sanidade.

A falta dos resultados de 17 das últimas residencias visitadas, os datos obtidos ata hoxe son esperanzadores, cun 102 residencias e vivendas comunitarias libres de contaxios e unha estimación de incidencia por debaixo do 5% en residentes e do 2% do seu persoal.

Ademais deste cribado, periodicamente os equipos de recollida realizan unha segunda volta de mostraxe, naquelas residencias ou vivendas nos que se detectou algún positivo, “o que permitíu comprobar que, a día de hoxe 131 dos residentes que resultaron positivos ao contaxio, deron negativo na proba realizada en días posteriores, o que supón un respiro tanto para o persoal destes centros como para o persoal que desde o Sergas están a realizar o seu seguimento. Este é o caso da Residencia Galisenior, que tras varios positivos está xa libre de contaxios, tras as ultimas probas realizadas”, destaca Sanidade.

Residencias libres de COVID-19

Ata agora as residencias que non rexistraron ningún caso positivo no momento do cribado, tanto entre o seu persoal como residentes, son as de Alvetus, en Avión; Residencia Santa Marta, Ourense; Domusvi Pereiro; Santa Cruz, Santa Cruz de Arrabaldo; Residencia Ramirás; Santa María, Ourense; Domusvi Barbadás; Residencias Los Olivos, A Peroxa; Residencia Natividad de Santa María, Vilamartín de Valdeorras; Domusvi Ourense; Residencia Os Pinos, A Rúa; Residencia Viana do Bolo; Residencia Los Milagros, Vilamartín de Valdeorras; Quercus, Leiro; Val de Monterrei, Monterrei; Nosa Sra. Do Socorro, Arnoia; Fogar de Santa María, Verín; Nuestra Señora de Fátima, A Rúa; Residencia de O Bolo; Residencia A Veiga; Domusvi Larouco; Residencia Esgos; Residencia Gabino García Fernández, Manzaneda; O Lecer dos Avoiños, Coles; Luces do Sil, Parada do Sil; Chandrexa de Queixa; Residencia da Terceira Idade de Trives; San Martiño de Luíntra; Porqueira; Nuestra Señora dos Miragres, Barbadás; Ntra. Sra. dos Anxos, Ribadavia; Virxe da Clamadoira, Muiños; Ntra. Sra. das Neves, Maceda; Sta. María de Melón; San Pedro de A Merca; e Ntra. Dra. De la Salud, A Peroxa.

Aspanas de Velle, Ourense; San Antonio de Beariz; La Saleta de Cea; Nosa Sra do Viso, Lobeira; Domusvi Bande; Santa María la Real, en Entrimo; Residencia de Adultos de Ceboliño, Ourense; San Xoan de Río; As Flores; Ourense: San Martín, A Mezquita; Santa Mariña, Xinzo de Limia; Virgen Blanca, Ourense; Domusvi Barra de Miño, Pereiro de Aguiar; A Carballa, Coles; Santa Catalina , Amoeiro; Las Salinas, Ourense; Carballeda de Avia; N. Sra. Mundil; Cartelle; Noogueira de Ramuín; Gravemente Discapacitados de Aspanas, A Peroxa; Santiago Apostol; Monterrei; Gogar San Amaro; R. De Maiores de Bande; N.Sra. De Villanueva, Allariz; R. Alameda, Ourense; Carballeda de Valdeorras; Casa Grande de Maside; Stgo. Apostol de Vilamarín; Dacón; As Caldas; Carballiño; Sta. Mariña de Augas Santas; Allariz; Gravemente Discapacitados Valverde, Allariz; R. Adultos O Cabaceiro, Paderne de Allariz; Agarimo, Allariz; Morgade, Xinzo; Blanco Amor, Boborás; Asociación Morea; O Toural, Cualedro; Miño; Ourense; Rairiz de Veiga; Vilardevós; Vilar de Barrio; Sta. Mª de Montederramo; R. Para persoas con Dependencia de Carballiño;

Os resultados das probas tamén arroxan cero contaxios nas vivendas comunitarias: San Roque de Viana do Bolo; Santa Alicia de A Bola; Xandín de Rábeda, San Cibrao de Viñas; Don Pepe e Isa de Entrimo; Edades, Ourense; N.Sra Lourdes, a Manchica; O Albergue, Verea; Xeitos, Ourense; El Carmen, Cartelle; O Fiadeiro, Gomesende; Nais, Ourense; Paseo, Ourense; Las Gardenias, Ourense; A túa Outra Casa, O Viso; Cerval, Amoeiro; Casa Lao, Gomesende; Xacebáns, Quintela de Leirado; Rectoral Rebello, Toén; San Marcos, Ourense; Fundación Amaranta, Ourense; Virxe do Amparo, A Peroxa; Alfredo Romero, Ourense.

Residencias Integradas e Unidades Residencial Medicalizada

Ademais do cribado, xa desde o pasado mes de marzo, persoal dos Centros de Saúde, Puntos de Atención Continuada da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e, moi especialmente, das Unidades de Hospitalización a Domicilio, continúan a supervisar a asistencia dos centros socio sanitarios, e residencias da terceira idade da provincia. Facendo tamén un seguemento continuado da súa situación e necesidades asistenciais.

“Os abrochos de contaxios nas residencias foron precisamente un dos puntos mais críticos desta pandemia na nosa provincia, derivado do alto número de poboación acollida e ao carecer, moitos destes centros, de persoal sanitario e/ou facultativo propio. Como resposta a esta situación procedeuse á posta en marcha da Residencia Integrada de Os Miragres, en Baños de Molgas, para acoller a residentes positivos de distintas residencias que non podían garantir a súa correcta atención e, posteriormente, tamén a apertura dunha planta no hospital de Piñor, onde se habilitou unha Unidade Residencial Medicalizada, que permitíu acoller tamén a residentes dependentes ou con limitacións de mobilidade. Ata agora en ambos dispositivos xa se rexistraron 80 altas”, sinala Sanidade.

A Unidade de Piñor está a funcionar como unha unidade mais do Hospital Universitario de Ourense, con persoal sanitario e non sanitario propio, mentres que a atención médica corre a cargo dun equipo de especialistas de Medicina Familiar e Comunitaria voluntarios, de distintos Centros de Saúde e Puntos de Atención Continuada da provincia. Igualmente conta con cobertura por parte dos servizos diagnósticos e centrais, como Farmacia Hospitalaria, Recursos Materiais, Loxística, Mantemento, Cociña, etc.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close