ConcellosÚltima hora

106 candeas para Piedad Yáñez en Trives

Celebraba o seu cumpreanos dun xeito especial na Residencia de Persoas Maiores desta localidade

 

Piedad Yáñez, durante a celebración do seu 106 cumpreanos na residencia trivesa./ Foto: Residencia de Persoas Maiores de Trives.

Rodeada polo cariño dos seus compañeiros na Residencia de Persoas Maiores de Trives e tamén polo persoal deste centro, Piedad Yáñez Tomé celebraba os seus 106 anos no mediodía do 12 de xaneiro. Natural de Chavianciños (Chandrexa de Queixa), emigraba a Barcelona buscando traballo e onde casaba.

Co tempo Piedad Yáñez, que ten dous fillos, voltaba á provincia de Ourense e instalábase en San Mamed, parroquia do concello de Trives. Xa en abril de 2004 ingresaba na residencia de Personas Maiores de A Pobra de Trives, onde a día de hoxe continúa participando nalgunhas actividades como son traballos manuais e mesmo algúns exercicios físicos adaptados.

Ademais conserva unha capacidade cognitiva que conserva, tal e como se destaca dende a residencia. De feito fala catalán e tamén algo de francés.

 

Piedad Yáñez, lonxeva veciña de Trives./ Foto: Residencia de Persoas Maiores de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button
Close