DeportesÚltima hora

108 inscritos no 5º Rallye Ourense Ribeira Sacra

A cita deportiva celébrase entre o 4 e o 5 de novembro percorrendo boa parte da provincia
Presentación do rallye na Deputación de Ourense.
Presentación do rallye na Deputación de Ourense.

Mañá, venres día 5 e pasado mañá, sábado día 6 de novembro, celebrarase o 5º Rallye Ourense Ribeira Sacra, unha proba do campionato galego de rallyes de asfalto 2016, para o que será puntuable cun coeficiente 7.

A presentación desta cita para os afeccionados ao motor, tiña lugar na mañá do 3 de novembro no Pazo Provincial, nun acto que contou coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Mario Guede; o alcalde de Maceda, Rubén Quintas; o tenente de alcalde de Nogueira de Ramuín, Raúl Soto; o presidente da Escudaría Luintra, Roberto Soto, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; e representantes da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.

A proba organizada pola Escudaría Luintra, que nesta edición conta con “108 inscritos” segundo Roberto Soto, transcorrerá por boa parte da provincia de Ourense. Mañá 4 de novembro, terán lugar as verificacións técnicas na localidade de Luintra durante a tarde, e a pasada nocturna polo tramo de Castro de Beiro (5,12 quilómetros) en Ourense, a partir das 20 horas.

O sábado a proba desprazarase pola mañá aos concellos de Maceda, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil con dous tramos cronometrados. O primeiro será Loureiro-Caxide (11,60 quilómetros), percorrido máis longo que noutras edicións e co cambio de sentido do recorrido polo corazón da Ribeira Sacra e a dobre pasada. O segundo tramo da mañá transcorrerá por Maceda onde se realizarán dúas pasadas ao tramo Baldrei-Maceda (12 quilómetros), pola zona urbana da localidade. Pola tarde celebraranse outros dous tramos cronometrados: dúas pasadas a San Miguel-Luintra (10 quilómetros) e Almorfe-Luintra (12 quilómetros).

Artigos relacionados

Back to top button