DeportesNataciónÚltima hora

11 nadadoras do Sincro Ourense participarán no nacional alevín e infantil de natación artística

A competición celebrarase esta fin de semana en Lloret de Mar (Girona)

Equipo infantil do Sincro Ourense.

 

Máis de 330 nadadoras na categoría alevín e máis de 320 na categoría infantil, participarán no XXII Campionato de España de Inverno de Natación Artística que se celebrará en Lloret de Mar (Girona) do 13 ao 15 de marzo.

Organizado por Real Federación Española de Natación e os clubs CN Kallipolis, CN Sabadell e CN Granollers, o acmpioanto acollerá probas de figuras (2 obrigatorias e 2 en sorteo) e de rutina combinada cun total de 38 clubs de toda a xeografía española, entre os que estará o Sincro Ourense que participará con 3 nadadoras na categoría alevín (Alejandra Baliñas, Carmen Reboredo e Paola Bobillo) que competirán en figuras; e 8 nadadoras na categoría infantil (Antía Blanco, Blanca Moyano, Cristal D. Mota, Elia Rodríguez, Estela L. Ojea, Iria Fernández, Paula Moure e Sarah Sánchez) que competirán en figuras e combo.

 

Equipo alevín do Sincro Ourense.

 

Trátase da primeira competición estatal dende o inicio da pandemia e desenvolverase baixo unhas estritas medidas anticovid “velando pola saúde de nadadoras e organizadores”, puntualizan dende o Sincro Ourense asegurando que despois de meses adestrando nunhas condicioóns difíciles debido ás restriccións, “todo apunta a que tanto esforzo ten como resultado unha moi boa preparación para afrontar os nacionais”. Neste ano tan complicado, especialmente para o deporte de base que é o que máis está sufrindo tanto a nivel de adestramentos como de competición autonómica, “só podemos felicitar ás nosas nadadoras e adestradoras pola súa constancia e adicación”, aseguran dende a directiva.

O campionato, no que tamén competirán nadadoras doutros clubs galegos (do R.C.N de Vigo, do Galaico Sincro e do Sporting Club Casino) celebrarase a porta pechada, pero será retransmitido en streaming na páxina da RFEN.

 

Artigos relacionados

Back to top button