SanidadeÚltima hora

11 positivos de Covid en centros educativos valdeorreses e 22 nos da comarca de Quiroga

 

Seguen en aumento os positivos dos centros educativos de Valdeorras. Son un total de 11, fronte aos 8 de onte, tal e como se recolle no listado que emite a Xunta de Galicia. Así no caso do Barco, o IES Martaguisela ten 2 positivos, o Colexio Divina Pastora rexistra 2 positivos e o IES Lauro Olmo 3 positivos (1 máis que onte).

Ademais o CPI Tomás Terrón Mendaña de Carballeda de Valdeorras ten 1 positivo, mentres o IES Cosme López da Rúa rexistra 2 positivos (1 máis que onte) e entra no listado o Colexio Pablo VI da Rúa con 1 positivo.

No caso de Trives a gardería continúa con outro positivo e co centro pechado e o IES Xermán Ancochea con 1 positivo.

No conxunto da provincia de Ourense o listado recolle un total de 381 positivos, 13 aulas pechados e 2 centros pechados.

22 positivos nos centros da comarca de Quiroga

Na veciña comarca de Quiroga tamén volver subir os casos. O IES Quiroga ten 6 positivos (1 máis que onte), o CEIP de Quiroga chega a 13 positivos (1 máis que onte), ademais o CEIP San Clodio de Ribas de Sil segue con 2 positivos. Tamén se mantén 1 positivo no CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel.

Artigos relacionados

Back to top button