En portadaÚltima hora

11 restaurantes do Barco nas Xornadas Gastronómicas do Entroido

Dende o Xoves de Comadres e ata o Martes de Entroido, ofrecerán menús especiais con produtos de tempada
Plato de cocido. /Foto: Carlos G. Hervella.

Mañá 8 de febreiro e Xoves de Compadres arranca a XIX edición das Xornadas Gastronómicas do Entroido, que organizan o Concello do Barco de Valdeorras, AEVA e O Barco Centro Comercial Aberto.

Nesta ocasión son once os establecementos que ata ofrecerán ata o Marte de Entroido (13 de febreiro) menús especiais con produtos de tempada (primeiro, segundo, sobremesa, viño de Valdeorras e café) para celebrar e desfrutar do Entroido.

Os locais de hostalaría participantes son: Pazo do Castro, Casa Galaica, Mesón Asador Vila do Castro, Casa Ignacio, Il Placere Gastro-Bar, Restaurante Fernando III, San Mauro, Restaurante La Gran Tortuga, Restaurante Tomás, Casa Lameiro e Piquiño Restaurante.

 

Restaurantes participantes cos menús que ofertan. Para ampliar imaxe premar sobre ela.

Máis información na revista “Entroido en Galicia 2018” de O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button