EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

11ª Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño da Ribeira Sacra

 

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaba esta mañá en Lugo na campaña promocional das 1O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Lugo na campaña promocional das 11ª Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, que organiza a Administración autonómica ao longo de cinco fins de semana de maio e xuño.

Na Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse do 3 ao 5 de xuño. Como en anos anteriores, haberá visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes, con recomendación de confirmar por teléfono a asistencia coa bodega correspondente por motivos de aforo. Tamén se porá en marcha o Bus do Viño, organizaranse rutas, obradoiros infantís relacionados co mundo do viño e ofreceranse menús en restaurantes.

Na páxina de Facebook de Turismo de Galicia realizaranse tres concursos por cada Ruta do Viño, nos que se sortearán noites de aloxamento para dúas persoas en cuarto dobre nun dos establecementos asociados participantes, máis o xantar do día seguinte nun restaurante socio da Ruta.

O delegado salientou que “o turismo ligado ao mundo do viño está en auxe na nosa Comunidade e a Xunta quere contribuír a seguir consolidando esa tendencia, que ademais constitúe un elemento moi importante para atraer visitantes fóra da tempada alta”.

Toda a información está dipoñible na páxina web rutasviñosgalicia.gal. As demais Rutas dos Viños de Galicia con Denominación de Orixe serán no Ribeiro -do 13 ao 15 de maio -; Rías Baixas -do 20 ao 22 de maio -; Valdeorras -do 27 ao 29 de maio – e Monterrei – do 10 ao 12 de xuño -. das Rutas dos Viños de Galicia, que organiza a Administración autonómica ao longo de cinco fins de semana de maio e xuño.

Na Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse do 3 ao 5 de xuño. Como en anos anteriores, haberá visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes, con recomendación de confirmar por teléfono a asistencia coa bodega correspondente por motivos de aforo. Tamén se porá en marcha o Bus do Viño, organizaranse rutas, obradoiros infantís relacionados co mundo do viño e ofreceranse menús en restaurantes.

Na páxina de Facebook de Turismo de Galicia realizaranse tres concursos por cada Ruta do Viño, nos que se sortearán noites de aloxamento para dúas persoas en cuarto dobre nun dos establecementos asociados participantes, máis o xantar do día seguinte nun restaurante socio da Ruta.

O delegado salientou que “o turismo ligado ao mundo do viño está en auxe na nosa Comunidade e a Xunta quere contribuír a seguir consolidando esa tendencia, que ademais constitúe un elemento moi importante para atraer visitantes fóra da tempada alta”.

Toda a información está dipoñible na páxina web rutasviñosgalicia.gal. As demais Rutas dos Viños de Galicia con Denominación de Orixe serán no Ribeiro -do 13 ao 15 de maio -; Rías Baixas -do 20 ao 22 de maio -; Valdeorras -do 27 ao 29 de maio – e Monterrei – do 10 ao 12 de xuño -.

Artigos relacionados

Back to top button