OurenseÚltima hora

12 equipos de España, Alemaña e Holanda participarán esta fin de semana no “Octupus Hóckey Festival”, en Ourense

A competición do XIII edición do torneo internacional de veteranos, comezará o sábado ás 9 horas
Presentación do XIII Torneo Internacional de Veteranos “Octupus Hóckey Festival”.

O campo municipal de hóckey de Mariñamansa acollerá do 7 ao 9 de setembro, o XIII Torneo Internacional de Veteranos Octopus Hóckey Festival, organizado polo Club Deportivo Openno que participarán doce equipos procedentes de España, Alemaña e Holanda, oito en categoría masculina (maiores de 35) e catro en feminina (maiores de 30).

O sorteo dos emparellamentos deixou o cadro pechado para que o torneo comece este mesmo venres coa recepción aos equipos participantes. A competición propiamente dita iniciarase o sábado ás 9 horas e prolongarase ata as 13 horas do domingo, cando se procederá á entrega de trofeos.

Os equipos participantes son: en categoría masculina, CD Open (Ourense), Team Galicia (Vigo e A Coruña), Manzanares (Madrid), OH–Friends (Ourense), Blauweiss (Berlín–Alemaña), Black & White Tigers (Breda–Holanda), UHC Prinzen (Hamburgo–Alemaña) e o MHC Bommelerwaard (Zatlbommel–Holanda); e en categoría feminina, CD Open (Ourense), Maatjes (Leiden–Holanda), Oranginas (Ijsselstein–Holanda) e Manzanares (Madrid).

Ademais do alcalde de Ourense Jesús Vázquez e do concelleiro de deportes, Mario Guede, á rolda presentación celebrada na mañá do 4 de setembro no Concello de Ourense, asistiron o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González, os representantes do CD Open de Hóckey (Alberto Estévez, vicepresidente, Francisco Masid, vogal, e Javier Valencia, secretario) e Santiago Garza, da firma patrocinadora do torneo.

Máis información do torneo, en www.openourense.com

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close