AutomobilismoDeportesÚltima hora

125 pilotos daranse cita na 47 Subida a Chantada, a única cita galega do Campionato de España de Montaña

A proba automobilística celebrarase do 30 de xullo ao 1 de agosto

 

Os principais pilotos que loitan polas diferentes categorías do Campionato de España de Montaña estarán presentes esta fin de semana, entre o 30 de xullo e o 1 de agosto, na única cita galega coa montaña nacional.

Na “Categoría 2”, os pilotos que por prestacións optan a ocupar as primeiras prazas, chega a Chantada sendo líder Javi Villa, cun monopraza BRC BR53, segundo Raúl Ferré cun Silver Car CS e Gonzalo Cabanas Fernández- Capalleja nun Norma M208, terceiro.

No referente á “Categoría 3” Mario Asenjo, con Silver Car S3, chega ocupando a primeira posición da táboa, con Edgar Montella na segunda posición nun Silver Car S3 mentres terceiro sitúase Garizkoitz Flores con Talex M3.

Na “Categoría 1” estarán en Chantada o seu líder Humberto Janssens co Porsche 911 GT3 2015, o segundo clasificado provisional José Antonio López Fombona co Lamborghini Furacán Super Trofeo e o terceiro da clasificación ata a data Manuel Avilés cun Ginetta G50.

Ademais dos principais favoritos do CEM, tamén outros pilotos de referencia teñen un protagonismo especial na cita. Nomes como César Rodríguez e o seu Osella PA21 JRB, Aléxis Viéitez con Norma 20 B ou o último vencedor da proba Adrián Rozados e a súa Silver Car EF10, Pablo Rey e a súa Fórmula SMB X21 e José Antonio Alonso Liste con Ginetta G50, entre outros, están chamados a optar tamén ás primeiras prazas nas súas categorías.

Pilotos carismáticos como Manuel Senra, que tomará parte cun Peugeot 306 Kit Car, e un gran cadro de persoal de equipos galegos e locais no “Trofeo Patacas Fritas Jalys”, conforman unha excelente lista de rexistrados que promete dúas xornadas de máxima competición na sempre fermosa Ribeira chantadina.

Artigos relacionados

Back to top button