DeportesÚltima hora

12º+1 Gran Premio Vila do Barco de tiro ao prato, esta fin de semana no campo de fútbol de Vilariño

Os adestramentos serán mañá sábado 22 e o domingo 23, e a tirada o domingo a partir das catro da tarde

Tiro ao prato nas Festas de Santa Rita do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Aínda que este ano o programa das Festas de Santa Rita, no Barco, de limita ao apartado relixioso no interior da igrexa e un pasarrúas a cargo da orquestra Bicoia ao longo da xornada deste sábado 22 de maio, dende Armería Alfer queren recuperar a proba de tiro ao prato que dende hai 14 anos organizan no marco desta celebración.

O ano pasado, en pleno estado de alarma, non pudo ser polo que este ano, nesta fin de semana do 22 e 23 de maio, celebrarase no campo de fútbol de Vilariño o 12º+1 Gran Premio Vila do Barco Festas de Santa Rita. “Ao ser ao aire libre pensamos que non haberá problema, ademais, nesta actividade a distancia de seguridade mantense sempre, polo que imos intentar facelo”, asegura Aníbal Fernández dende a organización.

 

 

A competición comezará xa mañá, coa sesión de adestramentos de 16 a 21:30h. que continuarán o domingo de 11 a 13:30h. E xa o domingo pola tarde, dende as catro da tarde e ata que se remate (a hora dependerá do número de participantes) terá lugar a tirada.

Coma sempre, neste torneo repartiranse numerosos premios (xamóns, cascos, estuches de viño, material deportivo,…) na tirada, nos reenganches e tamén nos adestramentos. Tal como explican dende a organización, “para a tirada só contará a primeira serie de cada tirador, e para os reenganches poderán tirarse as veces que se queira”.

O prezo para participar será de 30 euros para a tirada e de 10 euros para os adestramento e reenganches.

Artigos relacionados

Back to top button