OurenseÚltima hora

13 Agrupacións de Protección Civil da provincia reciben tendas de campaña de emerxencias

 

Na xornada deste venres 18 de director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, facían entrega de 13 tendas de campaña de emerxencias ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) dos concellos ourensáns de Barbadás, Bande, Boborás, Carballeda de Avia, Cartelle, Castro Caldelas, Cortegada, Lobios, Paderne de Allariz, Riós, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía. Tal como explican dende a Xunta, trátase de tendas de campaña habilitadas para ser despregadas en situacións de emerxencia e que ofrecen ademais facilidades para o seu transporte, montaxe e desmontaxe.

A Xunta mantén o compromiso coas 234 agrupacións da comunidade tanto a través desta orde para reforzar o seu equipamento como nas subvencións anuais destinadas a colaborar nos seus gastos de funcionamento e que na convocatoria deste ano conta cun orzamento de 340.000 euros.

Deste xeito, a contía destinada polo goberno central nos últimos anos en apoio das AVPC supera os 15 millóns de euros dos que máis de 11 millóns se investiron na adquisición de material e os máis de 4 millóns restantes nos gastos relacionados co mantemento da súa actividade.

Santiago Villanueva destacou o importante papel que desempeñan os voluntarios de Protección civil como reforzo aos servizos de emerxencias tanto nas tarefas de prevención como en apoio ás intervencións. Ademais, lembrou o imprescindible traballo realizado durante a pandemia do coronavirus, con máis de 100.000 operativos de reparto de alimentos e medicamentos, desinfeccións de espazos públicos e outros labores en beneficio da sociedade.

Artigos relacionados

Back to top button