SanidadeÚltima hora

13 novos falecementos en Galicia de persoas diagnosticadas por Covid, 5 delas na provincia

Exterior do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento das últimas horas de trece persoas que foran diagnosticadas por coronavirus en Galicia, cinco delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 87 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (e que procedía da Residencia Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia), dunha muller de 78 anos ingresada no Hospital de Verín (procedente da Residencia Val de Monterrei) e de tres mulleres de 99 anos, 95 anos e de 92 anos que falecían na Residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar. Todos tiñan patoloxías previas.

Ademais perdían a vida un home de 63 anos que estaba no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo  (procedía da Residencia de Salvaterra de Miño), así como unha muller de 86 anos e un home de 83 anos, que estaban neste mesmo centro hospitalario. Tamén falecían un home de 87 anos e unha muller de 88 anos no Hospital Arquitecto Marcide, unha muller de 89 anos no Hospital Lucus Augusti, unha muller de 81 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e unha muller de 80 anos no Hospital Polusa de Lugo. Todos eles tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close