DeportesÚltima hora

13ª Andaina e Trail de Outono do Barco, o 27 de outubro

Ademais de sendeirismo, tamén haberá un trail curto e outro longo
Cartel desta actividade deportiva.

Cita co sendeirismo e coas carreiras de montaña no Barco a finais deste mes. O Club Peña Trevinca Barco organizará o vindeiro 27 de outubro neste municipio a súa 13ª Andaina e Trail de Outono. “O lugar de encontro será o Malecón, xunto ao arroio Cigüeño. Este año tenemos Trail curto, cun percorrido de 15 Km (800m+) e será o mesmo para a andaina e para os máis preparados o Trail longo de 22 km (1350m+)”, adiantan dende esta entidade deportiva valdeorresa.

O programa será o seguinte, ás 8:30 h. farase a entrega de dorsais, ás 9:30h. darase a saída da andaina, ás 10h. a dos corredores do Trail longo, ás 10:30h. será a saída dos participantes no Trail curto e, tras as probas, ás 14:3h. terá lugar a pinchada, seguida ás 15h. da entrega de trofeos e sorteo de regalos.

As persoas interesadas en participar nesta actividade deportiva poden realizar as súas inscricións na web do clube ata ás 23:59 do día 21/10/2018. O prezo é de 10 – 15 € (o importe varía dependendo si se é socio e federado ou non).

Ademais poden realizarse inscricións presenciais en “TriSport” (A Rúa – O Barco), “Tienda Décimas” ou en “Deportes y Bicis Chapi” ata ás 23:59 do día 21/10/2018. Prezo: 12 – 20 € (o importe varía dependendo de se a persoa é socio e federado ou non). A participación está limitada a 250 participantes por orde de inscrición, segundo a organización.

Artigos relacionados

Back to top button