EconomíaEconomíaÚltima hora

14 locais de hostalaría participan hoxe na cuarta edición da Ruta das Tapas no Carballiño

A primeira xornada está adicada aos produtos de tempada como setas e castañas
Presentación da Ruta das Tapas do Carballiño.

Adicada aos pinchos elaborados con produtos de tempada como son as setas e as castañas, está a primeira xornada da cuarta edición da Ruta das Tapas do Carballiño que se celebra hoxe 2 de novembro coa participación de catorce establecementos hostaleiros: Roraima, Pituxo, Pulpería Plaza, El Caserío, Don Paco, Café La Parada, Parrillada San Andrés, Café Bar Soldado, Copetín, Estate Quieto, Cafetería Loft, Restaurante A Fuchela, Novo Sobreira (comezará na seguinte xornada) e Ningures.

Tal como explicou na presentación Noelia Mares, relacións públicas de Pazo Tizón, hai varios agasallos que se poden obter de forma directa nesta nova tempada. Así, haberá 1.000 euros en premios de 10€, que se deberán canxear por cheques nas oficinas do CCA para realizar compras no Carballiño. Tamén haberá agasallos das empresas patrocinadoras como packs de botellas de viño de Pazo Tizón, copas de Estrella de Galicia, bolígrafos e outros obxectos. Ademais poderanse obter vales para os dos balnearios do Carballiño, o Gran Balneario e o Balneario das Caldas de Partovia, que hai que canxear previamente no CCA, así como entradas para os encontros de C.D. Arenteiro ou en Holli-Pulpo. Finalmente agraceceu a colaboración das empresas colaboradoras como Pazo Tizón e Estrella de Galicia.

A segunda xornada da ruta será o vindeiro venres, 9 de novembro.

 

Artigos relacionados

Back to top button