DeportesÚltima hora

140 deportistas participarán en Ourense, no campionato galego de natación artística de rutinas de inverno

Mañá, sábado 24 de novembro, celebrarase ademais a primeira xornada da liga galega de figuras de nivel
Nadadoras de nivel do Club Sincro Ourense.

Na xornada de mañá, 24 de novembro, a Piscina Rosario Dueñas de Ourense acollerá en horario de mañá e tarde, o campionato galego de rutinas técnicas de natación artística para a categoría júnior, así como a primeira xornada da liga galega de figuras de nivel para as categorías alevín e infantil.

Pola mañá, a partires das 11 celebrarase a proba de rutinas técnicas nas modalidades de só, dúo e equipo, na que participan un total de 48 nadadoras de cinco clubs. Doce delas  pertencen ao equipo anfitrión e organizador, o Sincro Ourense: Ana Moyano, Rocío Blanco, María Molina, Candela Rodríguez, Lucía Villar, Lola Carracedo,  Claudia Bande, Rebeca Ruíz, Laura Bernardo, Xiana Rodríguez, Elena Moyano e Gisele Cazás.  As ourensás participan cun equipo, dous sós e dous dúos.

A xornada de tarde, a partires das 16h. será para as figuras individuais. En categoría alevín participan 35 nadadoras, 12 delas do Sincro Ourense: Paula Moure, María Pousa, Cristal Mota, Alejandra Baliñas, Antía blanco, Iria Fernández, Estela Ojea, Noa Bobillo, Noa touriño, Dulce Romero, Sabela Rodríguez e Candela Flores. En categoría infantil serán 40 as participantes, sendo as do Club sincro: Eva Rodríguez, Antía Toiriño, Paula González, Erea Lamas, Blanca Moyano, Lía Lamas, Elia Rodríguez e Sarah Sánchez.

Esta competición, na que participan un total de 140 deportistas galegas, servirá de preparación para o XVI campionato de España infantil e júnior que se celebrará os días 1 e 2 de decembro na piscina M86 de Madrid. Alí, o Sincro Ourense estará representado polo seu equipo júnior que participará nas probas de equipo técnico, dúo técnico e só técnico. Na categoría Infantil participarán Eva Rodríguez, Antía Touriño, Erea Lamas e Blanca Moyano.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button