EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O pleno do CRDO Valdeorras rechaza os puntos da orde do día

Na súa primeira sesión como presidente, Solarat non conseguíu a aprobación nin das contas nin da memoria do 2014
Un momento do primeiro pleno do Consello Regulador Valdeorras con José Vicente Solarat na presidencia. Foto: /Carlos G. Hervella.
Un momento do primeiro pleno do Consello Regulador Valdeorras con José Vicente Solarat na presidencia. Foto: /Carlos G. Hervella.

Malia ser escollido por maioría (8 votos a favor e 1 abstención) hai menos dun mes, o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Vicente Solarat, non conseguía aprobar nin un só punto do seu primeiro pleno ao fronte do colectivo. Nin a memoria de liquidacón do 2014, nin o presuposto “nin sequera a acta do pleno de dimisión de Pando“ explica un sorprendido Solarat.

Despois do acontecido na sesión celebrada na tarde do 8 de abril, na que o presidente levaba como propostas partir o pleno en dúas comisións, unha de control, calidade e xestión e outra de promoción e difusión, e convocar plenos en lugar de cada tres meses cada dous, Solarat fará un novo intento na vindeira semana aínda que el mesmo asegura que “é difícil porque a memoria é a que é. Hai unha situación complicada e iso xera unha mala imaxe”, di José Vicente que non oculta a súa sorpresa e descontento, “parece que me escolleron para tirarme pedras porque levo quince días no posto e non entendo o que pasou. Eu teño ilusión e tentareino pero se non se pode haberá que dicirlles que aí queda a cousa”.

Artigos relacionados

Back to top button