DeportesGalerías de fotos

15 medallas para o Sincro Ourense no campionato galego de nivel

O club ourensán de natación sincronizada lograba seis ouros, tres pratas e tres bronces

De “excelentes” tildan os responsables do Club Sincro Ourense, os resultados conseguidos polas nadadoras ourensás no campionato galego de rutinas de nivel de verán celebrado na fin de semana na Piscina Frigsa de Lugo.

O equipo participaba con 28 nadadoras de nivel que lograban un total de 15 medallas: seis de ouro, tres de prata e seis de bronce.

O maior número de medallas conseguíano en categoría infantil, con ouros nas cinco probas disputadas: equipo, combo, só, dúo e figuras. Nesa categoría lograban asemade unha prata en figuras e un bronce en dúo. Na categoría xuvenil, tamén subían ao podio en todas as modalidades en que participaban: prata en combo; e bronce en só, en dúo e en figuras. En figuras júnior conseguían un ouro e un bronce; e na categoría alevín destacan as medallas de prata en equipo e a de bronce en dúo.

Fotos cedidas.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button