SanidadeÚltima hora

15 profesionais de enfermería tomarán posesión das súas prazas no Hospital de Valdeorras

Conclúen, coa adxudicación de destino, as oposicións do Sergas para o ingreso na categoría de enfermería. Un total de 116 profesionais elixiron a área sanitaria ourensá

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un total de 116 profesionais de enfermería tomarán estes días posesión das súas prazas, unha vez superado o concurso oposición do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para ingresar como persoal estatutario fixo nos hospitais públicos de Galicia, tal e como informa a Consellería de Sanidade. Delas, 86 incorporaranse ao Hospital Universitario de Ourense, 15 ao Hospital Público de Verín e 15 ao de Valdeorras, no Barco.

Coa adxudicación de destino conclúe un proceso que iniciaron preto de 8.000 persoas para acceder a 850 prazas, en función das puntuacións acadadas no exame e na fase de concurso. A elección de praza establécese pola orde das puntuacións dos e das aspirantes, co que en función do seu posto na lista as posibilidades de elección de centro aumentan.

Este foi o caso da aspirante que acadou o número un na lista, e que, ao igual que o 50% das aspirantes con mellor puntuacións, nos quince primeiros postos, elexiron o Hospital Universitario de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button