OurenseÚltima hora

16 concesionarios e 23 marcas participarán no 11º Salón do Automóbil, en Expourense

A fin de semana do 18 ao 20 de outubro celebrarase o Salón do Vehículo Novo e do 25 ao 27, o de Ocasión

 

Un total de 16 concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, participarán como expositores no 11º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense. A fin de semana do 18 ó 20 de outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 25 ó 27 de outubro o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O.

Todas as marcas presentes aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2020. En total, participarán 16 empresas representando a 23 marcas que presentarán 33 modelos novos, algúns deles poderán verse en exclusiva por primeira vez en España. As marcas presentes nesta edición son: Abarth, Audi, BMW, Citroen, Cupra, Dacia, Fiat, Ford, Hyundai, Kia, Mazda, Mercedes, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Suzuki, Toyota, Volkswagen e Volvo.

Tanto dende ACAUTO como dende Expourense indícase que estas dúas citas son unha magnífica oportunidade (por calidade, cantidade, variedade e prezos especiais en feira) para aqueles que buscan un coche novo, ao mesmo tempo que permitirá a renovación do parque móbil da provincia de Ourense, que ten unha media de idade de 12 anos. Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.

O horario do 11º Salón do Automóbil será os venres 18 e 25 de outubro de 11 a 20:30h; os sábados 19 e 26 de outubro de 10 a 20:30h., e os domingos 20 e 27 de outubro de 11 a 20h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos teñen entrada gratuíta).

Haberá ademais servizo de ludoteca gratuíto para os visitantes. Os venres de 17 a 20:30 horas; os sábados de 12 a 14 horas e de 17 a 20:30 horas; e os domingos de 12 a 14 e de 16:30 a 20 horas.

Artigos relacionados

Back to top button