EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

16 viños da D.O. Valdeorras, galardoados coas “Distincións Gallaecia”

Sete brancos e nove tintos obtiveron este recoñecemento promovido pola Asociación de Sumilleres de Galicia

Precata en Valdeorras para as Distincións Gallaecia 2021./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un total de 16 viños da Denominación de Orixe Valdeorras, sete brancos e nove tintos, foron distinguidos pola Asociación de Sumilleres de Galicia na nova edición do seu concurso “Distincións Gallaecia”. O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, traslada os seus “parabéns ás adegas e referencias premiadas” e considera que “os premios reflicten o bo facer vinícola existente en Valdeorras”.

As “Distincións Gallaecia” celebran este ano a súa 19ª edición. Ao longo deste tempo, o concurso consolidouse como un dos mellores e máis recoñecidos de Galicia no ámbito vitivinícola. Máis de 600 viños e destilados de todas as denominacións de orixe galegas participaron nesta edición.

De Valdeorras, un total e 104 viños tomaron parte este ano no concurso e os distinguidos, brancos e tintos, foron os seguintes:

D.O. Valdeorras brancos
• Agoreira 2020 Adega Terrae
• Joaquín Rebolledo 2020 Joaquín Rebolledo
• O Luar do Sil Sobre Lías 2019 O Luar do Sil
• O Luar do Sil Vides de Córgomo 2019 O Luar do Sil
• Pedrazais 2019 Adegas Alán
• Roandi 2019 Bodegas Roandi
• Viñaredo Barrica Godello 2019 Bodega Santa Marta

D.O. Valdeorras tintos

• A Costiña 2017 Adegas Alán
• Alán de Val Escada 2018 Adegas Alán
• Bancales del moral Barrica 2017 Bodegas Roandi
• D`Berna Ele Garnacha Tintorera 2017 Bodega Guitián y Blanco
• Domus Roandi 2016 Bodegas Roandi
• Alán de Val Escada Lembranzas 2017 Adegas Alán
• Ladeira Vella 2017 Adega A Coroa
• Lagar do Cigur Crianza Garnacha 2015 Adega Melilla e Fillos
• Villadequinta 2018 Mª Teresa López Fidalgo

Artigos relacionados

Back to top button