ConcellosÚltima hora

16 voluntarios de Cruz Vermella reciben o recoñecemento polo seu labor na organización

O acto tiña lugar no marco do XIX encontro provincial de voluntariado celebrado en Viana do Bolo e A Gudiña

Os voluntarios homenaxeados en Viana con representantes de Cruz Vermella.

 

Viana do Bolo e A Gudiña acollían na xornada do 28 de setembro a XIX edición do encontro provincial de voluntariado de Cruz Vermella Ourense. Un acto co que se pretende “recoñecer o importante labor que realiza día a día o voluntariado”, facilitando o intercambio de experiencias entre as persoas que dedican parte do seu tempo a axudar aos demais desde os distintos proxectos que desenvolve a organización humanitaria.

No acto institucional, celebrado en Viana do Bolo, 16 persoas recibiron un recoñecemento “polo seu labor voluntaria, implicación e entrega nas asembleas de Cruz Vermella na provincia de Ourense: Consuelo Gómez Diéguez, Elvira Silvia Echevarría Susinno, Hercilia da Paixao Sa, José Antonio Rodríguez Ramos, José Delfín Rodríguez Riveiro, José Manuel Gómez Álvarez, José Manuel Rodríguez Dacosta, María del Carmen Vázquez Luna, María Felicidad García Herrera, María Jesús Cid Feijóo, María Jesús Rodríguez Babarro, María Rosario Pérez Sánchez, Marina Salgado Álvarez, Mónica Pereira Fernández, Sabela Vieira Outomuro e Sara Barja Rodríguez.

 

Foto de familia dos asistentes ao encontro con dous Boteiros e bombos de Viana.

 

Felipe Ferreiro, presidente provincial, dedicou unhas sentidas palabras a todas as persoas homenaxeadas lembrando a quen durante máis de 20 anos foi o alma de Cruz Vermella na Gudiña e Monterrei, Jesús Barros.

A Gudiña acollía o xantar de confraternidade.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close